Busca no blog

mércores, 5 de outubro de 2016

LEMA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2016/2017


O lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos é:

Biblioteca escolar, territorio das Artes


 Este curso toca ser ARTISTAS, CREATIVOS, EXPRESARSE A TRAVÉS DA MÚSICA, A PINTURA, A ARQUITECTURA, A DANZA, O TEATRO, A LITERATURA, A ESCULTURA, AS ARTES VISUAIS (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
   A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.