Busca no blog

domingo, 29 de novembro de 2015

ADEUS AO MESTRE "XOSÉ NEIRA VILAS"

O "VENRES NEGRO" PARA OS AMANTES DA LITERATURA GALEGA TIVO UN TRISTE SIGNIFICADO. TIVEMOS QUE DICIR ADEUS A XOSÉ NEIRA VILAS...
DESDE A BIBLIOTECA QUEREMOS SEGUIR OS CONSELLOS DO CARRABOUXO:

Atoparedes máis información sobre Xosé Neira Vilas na páxina web da súa fundación:
http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php
NA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR ESTAS OBRAS DE XOSÉ NEIRA VILAS... A MELLOR HOMENAXE É "LELO"
  

 

venres, 27 de novembro de 2015

Exploramos "O Nadal no mundo"

               Dende a biblioteca escolar propuxemos como actividade de Nadal facer unha exploración.  Tendo en conta que sodes moitos os alumnos e alumnas que vindes doutros países ou que os vosos pais naceron tamén noutros lugares,gustaríanos coñecer como se celebran estas festas, que comedes, que tradicións tedes, con quen as pasades,... Para iso, tedes que convertirvos en exploradores i exploradoras e investigar na casa coas familias, no colexio, na biblioteca, en internet,... todos o que saibades.   
          Despois faremos un mural moi grande no que aparezcan todos os vosos países e fotos relacionadas coas respostas.



mércores, 25 de novembro de 2015

25 de novembro

Anque todos os días deberían ser de "NON VIOLENCIA", nesta data lembramos na biblioteca que "as rapazas son intocables". Fixemos varias actividades e entre elas, Xosé Manuel e Xiana fixeron unha representación cos títeres e leron o conto "Tratemos bien a las chicas"

Na radio

O alumnado que asiste ás clases de "XOGA COA CIENCIA" , foi onte a visitar a emisora de radio de Onda cero e a ver o seu funcionamento.










venres, 20 de novembro de 2015

mércores, 18 de novembro de 2015

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 20 e 21 de novembro vanse celebrar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. O noso centro exporá algunhas das súas experiencias nunha das ponencias.


venres, 13 de novembro de 2015

Novembro, mes da ciencia

Este mes está adicado á ciencia. Na etiqueta de CIENCIA atoparedes moitas experiencias e unha guía para ser un "bo ou boa científica"


Preme na imaxe para saber máis.

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A ESTIVERON XOGANDO E EXPERIMENTANDO CON PROBETAS!!
"DESCRUBIMOS CAMBIOS DE CORES E FORMAS"