Busca no blog

xoves, 21 de febreiro de 2013

Rosalía de Castro

O alumnado que ven á biblioteca nos recreos están facendo ACRÓSTICOS co nome Rosalía



venres, 15 de febreiro de 2013

Cine na escola

                      PRÉSTAMO DE PELÍCULAS 

                     OS VENRES, con devolución o LUNS seguinte
Estas son as últimas películas adquiridas pola biblioteca:
Os VENRES podedes levar películas para disfrutar a fin de semana, no servizo de préstamo da biblioteca



mércores, 6 de febreiro de 2013

O ENTROIDO

   A biblioteca tamén quere disfrutar desta festa. Na entrada, o noso bilbiotecario, o "peliqueiro", que nos convida a facer máscaras típicas.

Noelia Costa, de 6ºA é a "Peliqueira" de Laza

                                                 
    


Patricia, de 4ºC tamén nos deixou para o noso "museo do entroido" o traxe de Pantalla, típico de Xinzo de Limia




Peliqueiro, de Laza.
                                               Ainara trouxo a súa máscara de Cigarrón, de Verín




Hugo de 1ºB vestiuse para os seus compañeiros. No vídeo seguinte, o seu tío, Luis, explicounos a historia das Pantallas de Xinzo de Limia




¿QUERES SABER MÁIS SOBRE O ENTROIDO?

Facendo máscaras e Marcapáxinas:









martes, 5 de febreiro de 2013

sábado, 2 de febreiro de 2013

SOBRE A PAZ


Así o pasamos:



O centro celebrou a semana da Paz do 28 ao 30 de xaneiro. O 30, data na que se conmemora o "Día da non violencia" organizamosr un "Obradoiro de xogos cooperativos". Soaron cancións relacionadas co tema e rapartíronse "Caramelos de Paz", Tamén se celebraron convivencias entre os distintos niveis.
ACTIVIDADE LIM (libro interactivo Multimedia), elaborado polo CEIP Otero Pedrayo de Vigo    Estos son os xogos: PAZ

MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A PAZ Grazas ao CEIP Mestres Goldar




XOGOS COOPERATIVOS (30 de XANEIRO)
NOME
EXPLICACIÓN
MESTRE/A
1.PARACAÍDAS
Agarrando o paracaídas coas dúas mans, subilo ao mesmo tempo: cando estea no punto máis alto, soltamos unha man, adiantazos un paso e saudámonos por debaixo; manter unha pelota no ar,…

2.GATO E RATO
En círculo, collidos das man: os que teñan pantalón oscuro axudan ao rato a escapar e os que o teñan claro ao gato. Cambian cando se diga “cambio” por outros nenos

3.A CORDA COOPERATIVA
Agarránse todos á corda e con ela tensa teñen que agacharse e levantarse á vez, figura “Titanic”(agarrados de espaldas), un no medio que se move e os demáis mantéñenno no círculo

4.CONSTRUÍMOS XUNTOS
Xogo de apilar bloques de Madeira

5. PASAR OS AROS
Colocados en círculo collidos das mans e un aro nos brazos, no medio. Sen soltarse, pasamos os aros e  o aro amarelo e o verde teñen que pillarse

6. BALÓN XIGANTE
Entre todos, colocados en círculo mantemos no ar o balón xigante


7. EQUILIBRIO SALVAVIDAS
Movémonos mantendo unha folla de periódico na cabeza. Ao que se lle caiga queda paralizado e ten que ser outro o que llo poña na cabeza

8. DE NARIZ A NARIZ
Sentados en círculo. 2 nenos colocan no nariz a funda dunha caixa de cerillas e teñen que levantarse e poñerllo a outro e ocupa o seu sitio. Non se poden usar as mans


9. OCUPAR AS ILLAS
En círculo, tantos aros como nenos. Un neno no medio (queda un aro valeiro) que ten que ocupar o aro valeiro. Os demáis móvense para collelo antes (só os contiguos)

10.TERRA, MAR, AIRE
En círculo, pisandoo. O mestre dí: “aire” e todos saltan encima da liña, “auga” e saltan dentro e “terra” e saltan á liña. Os que se equivoquen pasan ao medio e vixian aos que se confundan

11. GUIÑOS CÓMPLICES
En círculo, un no medio. Míranse, e cando eles queiran, intercambian guiños e cámbianse as posicións, aproveitando o do medio para ocupar un sitio valeiro. Pode haber 2 no medio

12. ATERRIZAXE SUAVE
Móvense en círculo coas mans nos hombros e cando o mestre diga “aterrizaxe”, agárranse pola cintura e séntanse nos xeonllos do de atrás. Dí “despegamos” e voltan a collerse dos hombros

13. TRANSPORTE SOLIDARIO
En grupos de 4(2 suxeitan cos brazos cruzados, outro sentado nos brazos e agarrándose aos hombros e un 4 que vai por detrás suxetando), levar á silla da raíña ata un pivote e voltar ao sitio de partida, cambiando de raíña ou rei.



DÉIXATE APADRIÑAR