Busca no blog

xoves, 20 de decembro de 2012

CINE DE NADAL

Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo verán a película "Azur e Asmar", para logo traballar sobre ela

Dirección y guión: Michel Ocelot. Países: Francia, Bélgica, Italia y España. Año: 2006. Duración: 99 min. Género: Animación. Producción: Christophe Rossignon. Música: Gabriel Yared. Fotografía: Kyle Badla. Montaje: Michèle Peju. Decorados: Anne-Lise Lourdelet. Estreno en Francia: 25 Octubre 2006. Estreno en España: 16 Marzo 2007.

SINOPSIS
 Había una vez dos niños que fueron criados por la misma mujer: Azur, de rubios cabellos y azulados ojos, era el hijo de un noble; mientras que Asmar, moreno y de ojos negros, era el propio hijo de la nodriza. Los dos crecieron juntos como si fueran hermanos hasta que el destino los separó de un modo brutal. Azur, espoleado por los cuentos que la nodriza le contaba sobre la legendaria Hada de los Djins, no descansará hasta encontrarla. Adultos ambos y ahora convertidos en rivales, aquellos que fueran como hermanos de sangre se embarcarán en pos del Hada y a la búsqueda de mágicas tierras, llenas de riesgos y prodigios.

mércores, 19 de decembro de 2012

A ÁRBORE DOS BOS DESEXOS

A árbore dos bos desexos xa se está enchendo. "que os nenos e nenas lean moito para non enfermar de...ignoracia" "contos para todos" "viaxar a outros mundos...cun libro podes" ......

martes, 18 de decembro de 2012

luns, 17 de decembro de 2012

mércores, 12 de decembro de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

O 12 DO 12 DE 2012 ás 12:00h todos os centros galegos celebramos o centenario de CELSO EMILIO FERREIRO co recitado do poema "deitado frente ao mar" TEMA ORIXINAL INTERPRETADO POLO GRUPO DE RAP: "DIOS KE TE CREW"

martes, 11 de decembro de 2012

martes, 4 de decembro de 2012

Temos Tablet!!!!!!

Hoxe tivemos unha sorpresa na biblioteca. A profe Susana nos deixou unha tablet para xogar, ler,...
E aquí estamos descubrindo que cousas se poden facer


Elba consigue o seu terceiro Álbum de Bibliopuntos


A nosa gran lectora, Elba, conseguiu hoxe o seu terceiro premio por conseguir xuntar os bibliopuntos do Álbum. E xa nos confesou que vai camiño do cuarto!!!!!!
NORABOA!



luns, 26 de novembro de 2012

Emma, gañadora

Emma xa conseguiu completar o seu Álbum de bibliopuntos. E só, por ser unha grande lectora. PARABÉNS!!!!!!!!!!

martes, 20 de novembro de 2012

25 de novembro, data especial

RECURSOS para traballar o 20 de novembro, "Día Internacional dos Dereitos do neno" e o 25 de novembro "Día Internacional para a Eliminación da Violencia" No terceiro ciclo podemos visionar a película "Mulan", a lenda dunha guerreira mítica
No 2º ciclo podemos ver a película "Tooth, el hada de los dientes"
No 1º ciclo e Educación Infantil podemos traballar co texto "Rosa caramelo"

martes, 6 de novembro de 2012

Gañadora do Álbum da biblioteca

Carla de 6ºB xa conseguiu o seu álbum de bibliopuntos.
Elba, de 4º curso gañou o seu 2º Álbum de Bilbiopuntos da bilbioteca ao conseguir enchelo.
E si queredes conseguir o Álbum e un premio: 1. Entrega con cada libro que devolvas á bilbioteca un resume do mesmo e recibirás un bibliopunto 2. Cando teñas 10 bibliopuntos conseguirás o Álbum que terás que ir completando.

martes, 30 de outubro de 2012

As pantasmas !!!!!!!!!!

As pantasmas saen dos libros e van asustando aos nenos e nenas de toda a escola.

"A figueira de Pelostortos"

Os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB representaron aos seus compañeiros de Educación Infantil e 1º ciclo a obra: "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS"

mércores, 24 de outubro de 2012

SAMAÍN

E a biblioteca converteuse nun...CASTELO!!! Entra e vive grandes aventuras a través dos libros
Chega o SAMAÍN. Estos son os libros que podedes atopar na biblioteca e que tratan sobre este tema (poñede a palabra SAMAÍN en tema) SAMAÍN, MEDO, TERROR,MISTERIO, ... E disfrutade deste vídeo EL SECUESTRO DE LA BIBLIOTECARIA "A BRUXA REGAÑADENTES" "A CANCIÓN DOS ESQUELETOS" "EL TWIST DEL ESQUELETO"

24 de outubro, DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

mércores, 17 de outubro de 2012

A mochilas comezan a súa viaxe

O alumnado preparando o material da mochila. Viaxarán por cada fogar durante 15 días. RESERVA A TÚA!!!!!!!!!!! Podes ver o material que conteñen por ciclos no apartado de Mochilas viaxeiras neste blog.

mércores, 10 de outubro de 2012

12 de outubro "Día da Hispanidade"

Durante este mes de outubro e con motivo da celebración do "Día da Hispanidade" soará no patio de recreo e nas entradas á escola "la vuelta al mundo en 25 canciones"
. Está dispoñible na biblioteca o libro co CD E para saber máis

martes, 9 de outubro de 2012

O oficio de debuxante

¿Queres saber como traballa un debuxante de cómics?

Mochilas viaxeiras para infantil

¡Xa chegaron as mochilas viaxeiras! Os nenos e nenas de Educación Infantil xa poden levar os libros da biblioteca
para casa.

mércores, 3 de outubro de 2012

Presentación da Biblioteca para 1º

Os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB visitaron a biblioteca. Viron o vídeo "Caillou vai á biblioteca", coñeceron o noso blog, recibiron os seus carnés e moitas cousas máis.

martes, 18 de setembro de 2012

CURSO 2012-13

Comeza un novo curso e a Biblioteca abre de novo as súas portas. Podedes vir nos recreos a ler, xogar,escoitar,... E lembrade os turnos dos ordenadores: LUNS-------1º E 2º MARTES-----3º MÉRCORES---4º XOVES------5º VENRES-----6º Este é o cartel deste anos das Bibliotecas Escolares

luns, 28 de maio de 2012

Encontros dos responsables das Bibliotecas Escolares Galegas pertencentes ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares)Abril de 2012

luns, 7 de maio de 2012

Kalandraka nos visita

Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron dos contos de Olalla e Mark, escritora e ilustrador do conto "Garavanciño". Tamén nos presentaron a "Artur" e "A verdadera historia de carapuchina vermella". Coa maestría que os caracteriza fixéronnos rir, sorprendernos, xogar... e REGALÁRONNOS AS LÁMINAS dos debuxos!!!!

mércores, 2 de maio de 2012

CANTAR DE CEGO "I Feira do Libro"

Este foi o cantar de cego que se fixo sobre a "I Feira do Libro". A música e interpretación é do mestre Álvaro e a letra é dos membros do equipo da bilbioteca